Erasmus+ Programme

Que podes facer?

Os pais poden empregar diferentes estratexias de acordo con cada situacións, para previr o ciberacoso entre nenos e rapaces. Intenta usar a composición "S2S".

Estratexias

Falar

Comunícate de xeito activo e fala abertamente co teu fillo sobre:

Os pais deberían tamén falar cos seus fillos sobre os contidos apropiados e inapropiados da rede, sobre as páxinas nas que os nenos poden confiar e as que non (non todo o mundo en internet é verídico), sobre os amigos dos seus fillos nas redes sociais (se os coñecen persoalmente) e sobre como interactuar en internet.

Infórmate sobre internet e as redes sociais e incrementa o teu coñecemento con relación ás actividades do teu fillo na rede.

Coñece os riscos da rede aos que ti e o teu fillo estades expostos.

Coñece as ferramentas e as estratexias para te enfrontares cos riscos na rede, así como os filtros e o software dispoñibles para protexer o teu fillo dos riscos de internet.

Establecer regras

Discutir co seu fillo e explicar problemas de internet e regras, tales como:

Supervisión

Mantente preto cando os nenos utilizan internet e tamén poderedes compartir actividades en internet.

Os pais poden tamén vixiar as interactuacións dos seus fillos en liña, supervisar os seus perfís nas redes sociais e utilizar programas para previr correo non desexado.

Os pais deberían saber se os seus fillos utilizan estratexias seguras, se coñecen os seus amigos de internet persoalmente e os seus axustes de privacidade (se a súa información é pública), se dan información sobre o seu enderezo, o número de teléfono, o nome do seu colexio ou os lugares que adoitan visitar.

Queda ao seu lado

Queda ao seu lado, faille saber que non está só e ofrécelle axuda cando algo lle moleste.

Promove un clima de confianza onde el ou ela poidan informarte axiña se houbo algún problema ou se están en perigo. Tamén podes contarlle calquera experiencia de ciberacoso que coñezas, para promover que se divulgue.

Procura de axuda e información (colexio e autoridades)

Se cres que o teu fillo sufriu ciberacoso:

Contacta cun profesional para vos axudar a ti e ao teu fillo para facer fronte á situación, tanto se foi vítima como se foi acosador.

Lifelong Learning Programme

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.