Lifelong Learning Programme

Análise

O grooming é unha práctica de violencia dixital exercida deliberadamente por unha persoa adulta para establecer unha relación e un control emocional sobre un menor co fin de preparar o terreo para o seu abuso sexual e/ou obter un lucro. .

Os groomers (persoas que realizan este tipo de actividade coa finalidade de facer dano ao menor) poden ser homes e mulleres de calquera idade, nivel económico ou social. Este tipo de accións pode suceder en liña ou en persoa, e na maior parte dos casos esta persoa inviste un tempo considerable para gañar a confianza dos menores, de distintas formas: amosándose como outra persoa que non é, sendo comprensiva e ofrecendo consellos ao menor, obsequiando con agasallos... Sempre se utilizan dispositivos tecnolóxicos para levalo a cabo e é posible pola escasa percepción de riscos na súa utilización que teñen os adolescentes.

Aos poucos, os groomers van obtendo máis datos persoais e de contacto, seducen os menores por medio do discurso e enviando imaxes de tipo pornográfico, conseguindo que o neno realice actos de natureza sexual. Adoitan utilizar segredos para poder asustar e así controlar o menor, e este á súa vez sente vergoña e culpabilidade, e non denuncia o abuso. .

Dentro do grooming, pódense diferenciar dous aspectos: físico e psicolóxico. O grooming físico implica unha desensibilización gradual e o psicolóxico utilízase para lograr este aumento de sexualización mediante o uso de chantaxes e ameazas. .

Os principais riscos aos que os menores se enfrontan en situacións de grooming son os seguintes:

Lifelong Learning Programme

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.