Lifelong Learning Programme

Resolvendo

Claves para os menores:

  1. Ter máis contactos agregados non te fas máis importante.
  2. A curiosidade por saberes como chegaron a ti non se contesta agregando; pódese tratar de tecnoloxía, diñeiro ou alguén que se oculta tras un alcume ou "nick".
  3. Os verdadeiros amigos necesitan algo máis que un SMS, un correo ou un evento.
  4. O teu instinto nunca te engana.
  5. A cámara é para persoas coñecidas; moitos poden gravarte. Tápaa ou enfócaa cara a outro lado. A cámara nunca se pide.
  6. Nunca te sintas culpable: os teus pais sempre te van comprender.
  7. Os hackers non poden fuxir da Policía; nada é anónimo en internet. Se te ameazan, procura axuda. Aínda que os teus pais non coñezan o computador, saben como axudarche.
  8. Non creas a ameaza; iso é o que queren, que perdas o control e pedirche cada día un pouco máis.
  9. Ser sempre moi educado e dicir sempre grandes adulacións non é habitual na web; desconfía. Non hai axencias de modelos en internet.
  10. Buscan a túa confianza; pediranche que lles entregues algo (unha foto, unha gravación de cámara, etc.). Despois ameázanche con colgalo en internet ou contarllo á túa familia e aos teus amigos.
  11. Normalmente, sempre utilizan o xogo das preguntas.
  12. Denunciar non te pon en risco.
  13. Revisa os teus contrasinais e a privacidade na web. Algo fallou, pero non ten porque volver pasar.
  14. Que tipo de amigos queres coñecer? Asegúrate de que son así.
  15. Sempre che van pedir o teu WhatsApp ou o teu correo. Para ti é importante; non llo deas a calquera.
  16. Deixar aberta a sesión, mesmo no teu computador, fai que calquera poida entrar na túa vida e na da túa familia e os teus amigos.
  17. As túas fotos son o primeiro que se ve na web. Quen queres que as teña? A privacidade non garante que poidan telas.
  18. Sempre hai alguén que sabe máis ca ti do móbil e de internet. Son mafias especializadas. Usa o antivirus.
  19. Os programas para roubar contrasinais róubancha a ti.
  20. Os teus amigos non menten, pero todo o mundo pode mentir en internet e facerse pasar por outro. Crea códigos cos teus amigos para saberdes sempre quen sodes.

Claves para as familias e os educadores:

  1. Ter o PC protexido. Utilizar o usuario invitado para datos importantes.
  2. Non destruír as evidencias, asegurarse da posesión por parte do agresor e pólo en coñecemento inmediato da Policía.
  3. Restablecer os contrasinais, a privacidade e a garantía de contactos. Cambiar de perfil.
  4. O menor nunca é o culpable, aínda que non entendamos como se chegou a esa situación.
  5. Manter a calma axuda ao teu fillo.
  6. Buscar axuda de profesionais e nunca vulnerar a lei.
  7. Localizar onde se produciu o delito; todos os datos axudan a resolvelo.
  8. Internet é unha parte fundamental na vida dun menor e, no seu futuro, debémolo acompañar para que conquiste de novo a web.
  9. Redimensionar o sufrimento. Só se pregunta unha vez e todo pode volver á normalidade.
  10. Acompañar os nosos fillos no momento de facer a alta: sempre terán a sensación de que estamos presentes.
  11. Axúdalle a reflexionar sobre os datos que lle amosará ao mundo. Con preguntas ábrense opcións, con negativas péchanse.
  12. Procurar outros espazos e persoas fóra da rede axuda a dar o valor adecuado á realidade dixital.
  13. Fomentar a súa identidade é a mellor maneira de protexer a súa intimidade.
  14. Instalar medidas de seguridade nas primeiras idades deixa claro a túa intención de protexelo.
  15. Ser permisible coas leis na web lévaos a seren permisibles coas normas na internet.
  16. A súa inxenuidade cos contrasinais e coas medidas de seguridade combátese co teu sentido común e co dialogo.
Lifelong Learning Programme

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.