Lidar cun neno que ten relación co ciberacoso
Que pasos se poden tomar para tratar cun neno que sofre cyberbullying?
As seguintes estratexias son vitais:
Fala con el e faille entender o que é o ciberacoso e cales son as súas repercusións
Descobre a causa das condutas de ciberacoso
Establece regras para o uso responsable do computador e de internet
Ensínalle na casa a ser empático
Supervisa e controla na casa e de xeito apropiado o uso que fai de internet
Forxa a súa autoestima na casa
Axúdalle a desafogarse de xeito positivo
Traballa coas capacidades do neno para controlar a ira. Fíxate no modo en que expresa a súa ira e, se é necesario, emprega capacidades de control da ira. Anímao a expresar a súa ira dunha forma respectuosa e asertiva en lugar de agresiva. Práctica asertividade na casa e incítao a falar sobre as razóns dos seus enfados.
Investiga se o neno ten necesidades emocionais desatendidas. O ciberacoso dáse adoito en fogares onde o cativo empeza a percibir falta de afecto, onde os pais están ocupados ou non amosan as súas emocións. Este feito pode favorecer a aparición de condutas de acoso.
Investiga as aptitudes sociais do teu fillo. Canto máis sociable sexa e canto máis saiba das emocións, máis capaz será de iniciar e manter amizades duradeiras, cumprindo así a súa necesidade de aceptación.
Dálle algo no que destacar (deporte, afeccións, artes, etc.). Os nenos perden con frecuencia a enerxía e o amor propio por causa do acoso; axúdalle a forxar a súa autoestima e a experimentar sensacións de logro a nivel creativo.
Trata con el o tema da violencia na pantalla e da desensibilización. O feito de que do outro lado da pantalla non apareza pode desensibilizalo dos posibles efectos dos seus actos. Utiliza unha serie ou unha película para lle dedicar tempo a abordar a desensibilización e fala sobre os personaxes da pantalla e sobre o bo e o malo da violencia.
Ensínalle a respectar a diversidade. “Ser diferente” considérase con frecuencia como a primeira causa para que os individuos se convertan en vítimas. Ensínalle a respectar e a ser tolerante fronte ás diferenzas canto ás capacidades sociais, a agudeza verbal, a raza, o sexo, a relixión e sexualidade, etc.
O’Moore, M. (2014) Understanding Cyberbullying. Veritas
Para máis información, consulta o capítulo de "Ciberacoso" no manual.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.