Sabías... En xeral
Tendo en conta a cantidade de tempo que estamos conectados en rede, é importante salientar que durante todo este tempo de conexión os datos privados e persoais das persoas usuarias están desprotexidos. As persoas que cometen este tipo de delitos buscan a información, as claves e os datos que se xeran. Este tipo de accións vai en aumento e vai gañando terreo co paso do tempo, nomeadamente con base na informatización e na globalización. É importante termos en conta a necesidade de dispormos de software de seguridade que evite este tipo de delitos.
O phishing é un tipo de "enxeñaría social" que trata de obter, mediante enganos, datos persoais do usuario (datos bancarios, números de tarxetas de crédito, contrasinais, datos de conta ou outro tipo de información). Posteriormente, estes datos utilízanse para a comisión de malas accións, nas que a xente se converte en vítima doada se non se poñen as medidas de seguridade axeitadas para evitar o engano. Estas persoas empregan os datos persoais utilizados para acceder coa propia identidade da vítima:
- Nas contas de correo, para continuaren a cadea de envíos aos seus contactos ou para envíos de correos desde a súa identidade.
- Nos seus perfís en redes sociais, para se faceren pasar pola vítima.
- Nos seus servizos de banca en liña.
- Na mensaxaría móbil.
- Para abriren novas contas co nome da vítima.
- Para obteren documentos oficiais mediante o uso da identidade da vítima.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.