Como podes saber se o teu fillo está en risco?
Tal e como comentamos anteriormente, os defraudadores poden simular ser empresas lexítimas, utilizando correos electrónicos que simulen empresas "clonadas" para solicitar información persoal, e que as vítimas inclúan información persoal nestes sitios web maliciosos.
Os sitios de roubo de identidade parecen sitios lexítimos, xa que tenden a utilizar as imaxes de copyright dos sitios lexítimos. Con todo, as solicitudes de información confidencial por correo electrónico ou mensaxaría instantánea, polo xeral, non son lexítimas. Por norma xeral, as mensaxes fraudulentas non están personalizadas e adoitan compartir propiedades similares, como o encabezamento ou o pé de páxina. É importante considerar que calquera correo electrónico no que se solicite información bancaria sexa probablemente unha estafa de suplantación de identidade. A maioría dos bancos lexítimos non requiren esta información vía correo electrónico.
Neste tipo de accións fraudulentas, podemos salientar unha serie de frases que poden aparecer no correo electrónico que están relacionadas con actividades de phishing:
- "Vertifica a túa conta" - mencionando que hai un problema, para lle dar maior credibilidade.
- "Cancelamos a súa conta se non actúa en 24 horas" - ou calquera outro tipo de présa para actuar.
- "Gañou un premio" ou "gañou a lotaría", ou "foi seleccionado...", - ou similares son indicativos de phishing.
- Outro tipo de frases nas que se acusa dun delito (por exemplo de pirataría de música ou películas) e ofrecen unha amnistía ou cancelar a débeda a cambio dun pagamento (o "virus da Policía").
Estes son unha serie de exemplos que indican posibles actividades de phishing e que cómpre prever para evitar este tipo de fraudes.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.