Que podes facer?
O consello principal para evitar este tipo de actuacións fraudulentas é non premer en ligazóns sospeitosas nin facilitar datos persoais nin bancarios de xeito gratuíto. Para iso cómpre utilizar unha lóxica e cumprir as seguintes recomendacións:
- Desconfiar das mensaxes provenientes de entidades bancarias.
- Non abrir mensaxes do cartafol spam, posto que moitas delas están construídas con códigos especiais que simplemente con abrilas poden provocar problemas no computador ou simplemente confirmar a conta como válida. No caso de que se abrira un correo spam, non clicar nunca facer URL nin na imaxe do correo, xa que pode guiar ata unha páxina web fraudulenta que descargue un virus ou un troiano.
- Non responder nunca a unha mensaxe de spam, xa que suporía a confirmación de que a conta de correo é real.
- Deshabilitar a opción "autoresponder" do xestor de correo.
- Tratar o enderezo de correo como un dato persoal e privado; non facilitalo de xeito sinxelo.
- Nalgunhas ocasións, os documentos adxuntos inclúen virus, polo que en caso de dúbida é mellor non abrilos nin reenvialos.
- No caso de ter calquera tipo de dúbida en relación ao remitente, aconséllase consultar en internet para comprobar se está denunciado como correo fraudulento.
- No caso de estar seguro de que sexa un spamer, bloquealo mediante a opción de "correo non desexado".
- Para evitar crear listas de spam, no momento no que se envíen correos electrónicos a varias persoas recoméndase utilizar a opción de CCO, e así estes enderezos de correo permanecerán ocultos.
- Comprobar que a páxina web na que se entrou sexa un enderezo seguro, para o que debe empezar con "https://" e amosar un pequeno cadeado pechado na barra de estado do noso navegador.
Co fin de termos un nivel mínimo de seguridade, para evitarmos este tipo de situacións fraudulentas, é moi importante mantermos unhas normas básicas de seguridade tanto no computador como no teléfono móbil ou en calquera outro tipo de dispositivo que teña conexión a internet:
- Educación e concienciación, así como sentido común. Cómpre manterse informado do perigo deste tipo de accións, e sempre alerta á hora de compartir datos persoais. Ademais, é moi importante que ante certa solicitude de información o usuario se pregunte se isto é habitual ou non.
- Coñecer a xente que está arredor de nós á hora de facermos compras por teléfono ou por internet, ou ao introducirmos o PIN nun caixeiro automático ou escribirmos calquera tipo de información persoal.
- Protección en liña, utilizando un paquete de seguridade completo.
- Utilizar contrasinais seguros, con polo menos dez caracteres de lonxitude, combinando letras, números e caracteres especiais. Recoméndase cambiar os contrasinais de xeito periódico, para reducir a probabilidade de que se poidan apropiar deles.
- Navegar con seguridade en puntos de conexión públicos, non iniciando sesión en sitios web de entidades bancarias, e cambiar contrasinais de redes sociais ou chats.
- Asegurar a rede sen fíos, habilitando o firewall no router, cambiando o contrasinal e o identificador, e permitindo o acceso só desde os equipamentos ou dispositivos que nós designamos.
As medidas deste tipo farán que naveguemos de xeito máis seguro e que loitemos contra este tipo de accións fraudulentas.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.