Erasmus+ Programme

Forma de educar con respecto a internet.

As formas de educar con respecto a internet representan o patrón xeral das características da interacción entre pais e fillos, considerando tanto o control paterno e materno (o establecemento de normas e a supervisión) como o afecto (capacidade de reacción; apoio). Como resultado da combinación de ambas, as formas de educar son catro:

Forma de educar con respecto a internet

AUTORITATIVO (alto grao de afecto e control)

Os pais autoritativos establecen regras para as actividades na rede dos seus fillos, supervísanas, corrixen os comportamentos negativos e premian os positivos.

A comunicación entre estes pais e os seus fillos é clara, aberta e baseada no respecto mutuo.

Os pais autoritativos interactúan cos seus fillos con agarimo e afecto, e están dispostos a responder ás súas necesidades.

AUTORITARIO (alto grao de control e baixo grao de afecto)

Os pais autoritarios son máis estritos e establecen normas rigorosas acerca de internet sen teren en conta a participación do fillo. Normalmente, os pais autoritarios non valoran o diálogo nin a autonomía.

INDULXENTE/PERMISIVO (baixo grao de control e alto grao de afecto)

Os pais indulxentes, por oposición aos autoritarios, non establecen normas nin límites sobre o uso de internet que poden facer os seus fillos.

Xeralmente, os pais indulxentes son excesivamente tolerantes, ao permitirlles aos seus fillos que sexan eles os que controlen as súas propias actividades na rede.

Os pais indulxentes son afectuosos, comunicativos e receptivos co uso que os seus fillos fan de internet, e intentan satisfacer calquera petición dos seus fillos.

NEGLIXENTE/RELAXADO (baixo grao de control e afecto)

Os pais neglixentes non son nin receptivos nin esixentes co uso que os seus fillos fan de internet.

Normalmente amosan un baixo grao de involucración no uso que os seus fillos fan da rede e non supervisan as súas actividades.

Mentres que os pais indulxentes se involucran co uso que fan de internet os seus fillos, os pais neglixentes normalmente están centrados nos seus asuntos.

Lifelong Learning Programme

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.