Sinais de alerta
Estratexias que che axudarán a afastar o teu fillo do ciberacoso:
Supervisión e control das súas actividades na rede - Sé precavido á hora de lle deixar utilizar os dispositivos de conexión en áreas supervisadas. Establece como norma preguntarlle sobre as súas actividades na rede e amosa interese en aprender del para que non pareza que es demasiado entremetido.
Falar sobre o ciberacoso - Os pais deberían tomar precaucións e falarlles aos seus fillos do ciberacoso en lugar de esperar a que suceda. Asegúrate de que entende por que está mal e por que debe axudar ou apoiar un a un compañeiro de clase ou un amigo que poida estar a sufrir ciberacoso.
Reducir a división dixital entre pais e fillos - Os pais deberían aproveitarse do coñecemento dos seus fillos e pedirlles que lle expliquen o que fan na rede. Ademais, en caso de habelos, deberían asistir a cursos de concienciación impartidos na escola ou como parte da programación cultural local.
Netiqueta - O ciberacoso pódese previr se o neno se decata que internet non só está relacionado coas habilidades técnicas, senón tamén con saber como comportarse na rede. Normalmente referímonos co termo "netiqueta" (etiqueta da rede) aos bos hábitos en internet e ao feito de que hai un ser humano do outro lado da pantalla que pode ferir e ser ferido.
Falar sobre as consecuencias legais do ciberacoso - Canto máis saiban sobre as consecuencias legais do ciberacoso serán menos propensos a verse involucrados nestas condutas.
Falar sobre a falsa diversión" - Con frecuencia o acoso é consecuencia dun "pouquiño de diversión" ou dun "só estabamos a chatear". Ao faceren grazas por internet, os nenos deben estar seguros de que a outra persoa comparte o seu sentido do humor, porque as reaccións non se poden ver. Normalmente cométense erros e, ás veces, algo co que se pretendía que fose gracioso ten o efecto contrario e causa unha gran ofensa, e os nenos teñen que ser conscientes diso.
Animar a escoitar - Axuda ao teu fillo para que escoite os seus compañeiros mesmo cando non compartan os seus puntos de vista ou non estean interesados neles. Para as relacións sociais, ser quen de escoitar é igual de importante que ter algo que dicir.
Forxar empatía - Se sospeitas que o teu fillo está a deixar de sentir compaixón polos demais, beneficiaralle que lle axudes a ter unha resposta máis empática. Os nenos vense menos incitados a desenvolver condutas de acoso cando recoñecen os seus efectos adversos.
Controlar as reaccións - E fíxate en ti mesmo: ten en conta como reaccionas e da forma en que lle falas aos demais, incluído o teu fillo. Anímao e practica con el unha forma de falar en positivo que lle axude a recoñecer os causantes das emocións, como a ira e o medo, así como a atopar as maneiras de controlalos.
Lidar coa necesidade de aceptación ou afiliación - Os nenos, e nomeadamente os adolescentes, valoran moito pertenceren a un grupo e seren aceptados e admirados polos seus membros. Este motivo pódeos levar adoito a desenvolveren condutas de acoso ou a seren vítima delas. Por tal razón, é importante que os pais saiban cal é o grupo de amigos dos seus fillos, que coñezan os seus niveis de autoestima e amor propio, e que tomen medidas para incrementar estes niveis, independentemente do grupo de amigos.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.