Erasmus+ Programme

Que é o phishing?

O phishing é un tipo de "enxeñaría social" que trata de obter, mediante enganos, datos persoais do usuario (datos bancarios, números de tarxetas de crédito, contrasinais, datos de conta ou outro tipo de información).

O phisher "pescador" solicita con carácter de urxencia a confirmación ou o envío de determinados datos. Os autores destas fraudes posúen elevados coñecementos informáticos e técnicos e, por norma xeral, utilizan o envío masivo de mensaxes de xeito indiscriminado, para poderen chegar así a milleiros de destinatarios (en modo de spam). Para poderen chegar ao maior número de persoas posible, utilizan mensaxes e ofertas atractivas para as súas vítimas. A súa forma de actuar é redireccionar as vítimas, mediante o engano, a sitios web falsos, semellantes a páxinas web reais, normalmente relacionadas con páxinas web de banca en liña, redes sociais, contas de correo ou semellantes, mediante a utilización de mensaxes de correo electrónico falsas, SMS e mensaxes de telefonía móbil (WhatsApp). Por medio destas páxinas, normalmente o usuario debe introducir os seus datos bancarios (co fin de actualizalos), reiniciar as súas credenciais (debido a problemas técnicos nos servidores), realizar calquera transacción (a través da cal cómpre comprobar o usuario) ou simplemente acceder a un novo servizo para que o usuario se beneficie dalgunha oferta.

As ligazóns que este tipo de engano adoitan achegar son páxinas que emulan webs verdadeiras e redirixen cara a outro servidor aparentemente igual ao orixinal, controlado polo atacante.

Este tipo de aplicacións, incluídas dentro da categoría de roubo de información persoal ou financeira, pódense clasificar do seguinte xeito:

Tipos de phishing

Riscos, factores e consecuencias

O principal risco deste tipo de actividades fraudulentas é que o phisher dispoña de información persoal ou bancaria, e poida acceder a información privada. As principais formas de acceso son a través da seguinte información:

Consecuencias

Os delincuentes informáticos son extremadamente audaces para enganar a xente. Ao que conseguen a información persoal ou bancaria da persoa usuaria, poden cometer diferentes fraudes:

As fraudes informáticas van en aumento, pola grande cantidade de persoas usuarias que existen dentro deste ámbito. Isto é de suma importancia para os consumidores, xa que están nun constante perigo.

Lifelong Learning Programme

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.