Por que a xente comete este tipo de accións?
Segundo O'Moore ( 2014), estudos europeos demostraron que os cativos ciberacosadores están motivados principalmente pola ira e, en segundo lugar, porque o atopan divertido. O ciberacoso relacionado coa aceptación por parte dos demais e polo poder é inferior aos dous primeiros conceptos de ciberacoso nomeados anteriormente.
A diversión, a aceptación e o poder parecen estar directamente relacionados co ciberacoso. Entanto que o motivo principal dos acosadores “tradicionais” está relacionado tamén coa ira, este tipo de acosadores de cando en cando mencionan o acoso por diversión, aceptación e poder. Con todo, para acosadores que utilizan ambos os métodos (tradicional e ciberacoso) menciónase como motivos tanto a ira como o poder, a aceptación e a diversión.
Os nenos tenden a estar máis motivados polo poder e a diversión que as nenas.
Outros motivos que se identifican como implicados no acoso cibernético son os seguintes:
- Vinganza
- Mesquindade
- Atención
- Aparencia de que se é duro *Celos e pracer de infrinxir dor
Para máis detalles, ver o capítulo "Ciberacoso" no manual.
O’Moore, M. (2014) Understanding Cyberbullying. Veritas
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.