Lifelong Learning Programme

Por que a xente xoga en liña?

A popularidade de xogar a xogos en liña incrementouse durante as dúas últimas décadas. Unha enquisa recente en Alemaña amosa que arredor do 50 % da poboación xoga a xogos en liña, e ao longo de todo o mundo o número de xogadores diarios foi de case 145 millóns en 2013. Durante ese ano, Rior Games, os produtores de LoL (League of Legends), afirmaron que o seu xogo tiña 12 millóns de xogadores activos a diario.

A súa dispoñibilidade (dependendo do xogo) non só en PC senón tamén en táboas, en Play Station, en PS Cube, en teléfonos móbiles, etc., incrementou enormemente a súa atracción. O feito de que non se necesite quedar en persoa para xogar, senón que ademais se poida xogar desde unha gran distancia, fai que lles resulte moi atraente a xente parecida, xente ocupada con pouco tempo, con problemas de mobilidade, etc. Outros puntos adicionais sobre esta atracción son o acceso doado e o feito de poder pagar en liña os xogos aos que é necesario pagar. O anonimato tamén pode xogar un papel especial nas persoas moi introvertidas, cunha baixa autoestima ou cun alto nivel de inseguridade. Para moitos xogadores, non é simplemente unha bonita maneira de estar en contacto cos amigos que viven fóra senón tamén unha posibilidade de coñecer novas persoas con intereses similares. Isto pode ser unha vantaxe, pero tamén un perigo, como se verá no próximo capítulo.

Xa que logo, debemos considerar este fenómeno como un novo xeito de xogar e interactuar que vai achegar cambios considerables. Malia a súa curta existencia, moitos progresos xa se integraron nos xogos en liña. É importante manternos informados e actualizados acerca destes progresos, preguntándolles aos nenos a que xogos están a xogar, con quen e por que. A partir desta información, os pais poden atopar novos xogos, novas extensións ou novas versións, por internet ou nos establecementos adecuados. As administracións publican habitualmente listas de xogos recomendados, coas idades ás que van destinados.

Algúns dos xogos alcanzaron o nivel en torneos internacionais, como o Campionato do Mundo de League of Legends, que tivo lugar en outubro de 2015 en Berlín. Considéranse e-deportes e eses eventos teñen lugar en enormes campos de fútbol coa asistencia dunha audiencia tan grande como a dos partidos de fútbol.

Certamente, tamén é importante fomentar outras vías de socialización, como ser parte dun club de deporte, tocar un instrumento musical en grupo, quedar con amigos en persoa para xogar, facer xantares, convidar amigos á casa, saír ver unha película ou unha obra de teatro xuntos, asistir a concertos ou a festivais, ir a clases de baile, etc.

Riscos e oportunidades dos xogos en liña

Como xa se mencionou no capítulo anterior, cada medalla ten dúas caras e non hai vantaxes sen riscos.

A posibilidade de coñecer xente descoñecida e facer amigos é directamente proporcional ao perigo de ser unha presa fácil de persoas con malas intencións, que intentan pórse en contacto con xente máis nova para outros propósitos á parte de xogar en liña. Este risco é maior en medios sociais como Facebook e Instagram, pero os xogos con espazos para chatear son un espazo aberto para todos os xogadores e poden ser coaccionados a partir dunha primeira mensaxe, seguida por mensaxes privadas, SMS, chamadas telefónicas, etc. É importante sensibilizar os nenos sobre como tratar unha eventual mala compaña e ensinarlles a ter precaución neste respecto. Establecer un correo electrónico soamente para os contactos de internet, non dar ningunha información persoal (enderezo, datas de vacacións, etc.) desde o principio, non confiar máis nun descoñecido que na familia ou nos amigos da "vida real", non enviar ningunha foto a estraños nin contarlles cousas íntimas (problemas cos profesores, cos membros da familia ou amigos, etc.) son medidas útiles, todas aplicables, para poder incrementar o nivel de seguridade. Participar en chats pode compararse con ir a un estadio de fútbol onde probablemente compartirás a alegría e os medos dos outros espectadores, falarás sobre os xogadores, o xogo, as decisións do árbitro, etc., pero non lle dirás a ninguén o teu nome e apelidos, o teu enderezo, o número de teléfono nin ningún outro dato persoal.

Lifelong Learning Programme

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.