Procurando Información
As fases do grooming, nas que se pode ir observando se o rapaz está a sufrir un caso de grooming son as seguintes:
Fase de inicio da amizade. Fai referencia á toma de contacto co menor de idade para coñecer os seus gustos e as súas preferencias, e para crear unha relación de amizade co obxecto de alcanzar a súa confianza. Neste proceso, a persoa acosadora pode optar por unha falsa identidade para resultar atractiva para o menor (idade similar, bo parecido físico, gustos similares, etc.); é dicir, leva a cabo unha estratexia preconcibida co fin de gañar a súa confianza.
Fase de relación. A fase de formación da relación inclúe con frecuencia confesións persoais e íntimas entre o menor e o acosador. Deste xeito consolídase a confianza obtida do menor e afondase en información sobre a súa vida, os seus gustos e os seus costumes. En ocasións, no transcurso da devandita relación o acosador consegue que o menor acceda ás súas peticións de natureza sexual, como a gravación de imaxes e vídeos a través da cámara web ou o envío de fotografías a través do teléfono. Nesta fase aparece un denominador que chamamos o xogo das preguntas, onde o adulto, a modo lúdico, obtén información salientable e accede a conversas de índole sexual.
Fase de inicio do abuso. Se o menor non accede ou non segue accedendo ás súas pretensións sexuais, o acosador comeza a extorsión, que adoita consistir en ameazar con difundir publicamente as confesións realizadas ou as imaxes explícitas capturadas. Ante esta presión, o menor pode verse coaccionado e acceder ás demandas do acosador, chegando mesmo a contactar fisicamente con el.
Cada día créanse máis de 500 páxinas web de pedófilos. É imprescindible diferenciar entre o ilegal (dificultade de crear xurisprudencia en países con distinta regulamentación) e o inmoral, onde a través de códigos e espazos situados en webs de difícil control (deepweb) se aloxan espazos para o tráfico e o intercambio de pornografía infantil.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.