Erasmus+ Programme

Diagnose

Nos tempos que corren, coa aparición das novas tecnoloxías hai tamén novas formas de coqueteo entre persoas. Atrás quedan as conversas e os xestos diante dunha persoa como forma de expresar a atracción sexual. Hoxe en día xurdiu un novo xeito de conquistar a través dos móbiles denominada sexting, que consiste no intercambio de fotos, vídeos e mensaxes con contido sexual por unha ou por ambas as partes implicadas. Ademais do perigosa que resulta esta práctica, os danos que pode ocasionar pódense ver potenciados coa difusión masiva e incontrolada dos devanditos contidos. É importante estarmos atentos ao que lles ocorre aos nosos fillos, xa que as vítimas do sexting tenden a ocultarlles este problema aos seus pais e aos profesores. Por iso, para axudarnos a descubrir este tipo de situacións de "sextorsión", hai unha serie de indicios que se indican a seguir:

Malia ser certo que a simple detección de calquera destes síntomas nos nosos fillos non asegura que esteamos ante un caso de "sextorsión", o que cómpre é estarmos alerta e indagarmos no que está a ocorrer. Non sempre é doado falar cos adolescentes pola delicada etapa de cambios na que se achan, pero os pais que detecten calquera situación como as descritas anteriormente non deben abandonar o intento de descubrir o que pasa realmente, mesmo recorrendo aos seus amigos, se é necesario.

Lifelong Learning Programme

This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.