Signos de advertencia
Os signos de advertencia son un asunto moi susceptible, xa que dependen moito de cada neno. Algúns signos son moi difíciles de detectar polos pais, entanto que outros poden deberse a diferentes razóns. Somos conscientes de que, nomeadamente, os rapaces que entran na puberdade poden amosar cambios no seu comportamento que non se poden atribuír a unha razón en concreto, senón ao cambio da súa relación co seu medio social. Ser máis independente e desenvolver a propia personalidade (descubrir quen son e quen queren ser) pode ser un proceso doloroso por todas as partes e conducir a malentendidos e crises.
Unha actitude participativa cara aos nenos desde o principio da infancia é un bo camiño que pode ser adaptado e estendido a cada paso, creando unha atmosfera de confianza e seguridade na que tamén se poden sentir aceptados, respectados e queridos, polo que son e por como son. Neste tipo de atmosfera debería ser doado poder detectar cambios na actitude e ser quen de reaccionar. Malia isto, preguntas directas como "Por que non quedas máis con Xan ou Pericán?" ou interesarse sobre as notas da escola ("Non cres que o poderías facer mellor no exame?") pode que nos conduza á resposta esperada. Ou un achegamento máis cooperativo, por exemplo: "Hai tempo que non quedas con xan ou Pericán. Gustaríache convidalos a fin de semana?" ou "Non pareces moi contento cos resultados do exame. Non entendiches algo? Pódoche axudar en algo con esa materia? Gustaríache mellorar?..."
Con frecuencia, os nenos pensan que os seus pais son moi inquisitivos, especialmente en relación cos amigos, co que pasa na escola ou coas súas actividades en internet. Xa que logo, no canto de facer preguntas directas sobre estes temas teríanse que facer actividades familiares onde os temas sairían "automaticamente" e deixar que o neno fale deles de maneira máis espontánea. Por exemplo: pedir que o teu fillo che axude a facer algo no computador que ti non sabes. El sentirase orgulloso de poder compartir o seu coñecemento e ti poderías conseguir máis información sobre o uso que el fai de internet.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.