Sabías que... En xeral
O ciberacoso e, por tanto, a cibervitimización teñen lugar no ciberespazo, o que supón un problema a escala mundial entre nenos e adolescentes.
Previr o ciberacoso supón un reto para todos nós, xa que se pode dar en calquera momento e en calquera lugar.
Numerosos estudos apoian a importancia do papel dos pais. O impacto que teñen os pais no desenvolvemento do neno non é algo novo; con todo, os efectos das interaccións entre pais e fillos, a supervisión por parte dos pais e as estratexias que utilicen para controlar o uso que os seus fillos fagan de internet aínda está a empezar...
Hoxe en día, os pais e os fillos procuran en internet información e apoio social, e utilízano como medio de comunicación e interacción con amigos e con outras persoas.
Os pais preocúpanse polas actividades que realizan os seus fillos en internet, nomeadamente polos contidos (tanto aos que teñen acceso como os que ven), a xente coa que se relacionan e a maneira de navegaren pola rede.
Estas preocupacións están relacionadas coas súas propias experiencias.
Algúns estudos recentes revelaron que os xeitos de educar dos pais en relación a internet teñen efectos en como o usan os seus fillos.
Experiencia en liña
Datos recentes demostraron que máis do 80 % dos pais ten acceso a internet e utilízao a diario.
Máis do 60 % dos pais declaran que falan cos seus fillos de diferentes aspectos relacionados co uso de, internet tales como o ciberacoso, como interactuar con outras persoas en internet, os contidos apropiados e inapropiados da rede, os seus amigos das redes sociais, e a descarga de contidos, documentos, vídeos ou imaxes.
Con todo, hai unha minoría de case o 20% que non fala cos seus fillos sobre ningún tema relacionado co uso de internet.
A maioría dos pais declaran que o usan, que teñen coñecementos sobre o seu uso e que se senten seguros ao utilizar internet e as redes sociais. Así e todo, en comparación utilizan menos as redes sociais e teñen menos coñecementos acerca delas.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.