Sinais de alerta
Os nenos e a xente nova involucrada en ciberacoso normalmente non lle din nada a un adulto. Afirman que non llo contarían aos seus pais porque puidera ser que non o entendesen e porque probablemente lle restrinxirían o uso de internet e das redes sociais.
Xa que logo, os pais deben prestar atención e ser conscientes dalgúns sinais de alerta que se presentan ao sufrir ciberacoso, así como dos posibles riscos de internet e as redes sociais.
Algúns dos indicadores máis comúns son:
- Enfado mentres se utiliza internet, as redes sociais ou o teléfono, ou despois de facelo.
- Segredo sobre as súas actividades na rede.
- Cambios nos seus patróns de uso do teléfono móbil ou do computador.
- Nerviosismo ao recibir unha mensaxe instantánea ou un correo electrónico.
- Cambios no estado de ánimo ou no comportamento.
- Cambios nos hábitos alimentarios ou de sono.
- Ansiedade ou medo.
- Queixas de non sentirse ben.
- Queixas somáticas.
- Desinterese polo grupo de amigos e as actividades sociais.
- Baixada de notas.
- Evita ir ao colexio.
Posibles riscos
Algúns dos posibles riscos de internet e as redes sociais aos que o teu fillo está exposto e que poden derivar en ciberacoso son:
- Alguén entrou na súa conta de correo electrónico.
- Alguén enviou un correo ou un SMS insultante ou ameazante.
- Alguén compartiu en internet información íntima embarazosa sobre el ou ela.
- Alguén publicou na rede mentiras sobre el ou ela.
- Alguén o ofendeu a través de internet ou o teléfono móbil.
- Alguén o excluíu dun grupo ou dun xogo en liña.
De acordo con algúns estudos, se os pais son conscientes dos sinais de alerta e dos posibles riscos de sufrir ciberacoso, poderían falar máis cos seus fillos sobre estes temas e vixiar mellor as actividades en liña dos seus fillos.
Ademais, o risco de verse involucrado en ciberacoso decrece cando os pais falan adoito cos seus fillos sobre o uso de internet e as redes sociais, e supervisan as súas actividades na rede.
This project has been funded with support from the European Commission. This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.